|
~ Dende hoxe venres e ata o vindeiro domingo, despútase en Madrid o XXVIII Campionato de España por Comunidades Autónomas Xunior e Absoluto. Entre nadadores de talla mundial como Mireia Belmonte, Erika Villaécija ou Rafa Muñoz e defendendo as cores da Selección Galega teremos a Xosé Ramón Rey que participará o sábado pola mañá e pola tarde e o domingo pola mañá nas probas de 50, 100 e 200 braza. |
|
~ O domingo día 5 na piscina Rías do Sur en Pontevedra, celebrase o Campionato Galego Open Máster. En representación do Club Natación Arzúa estarán competindo Teresa Amenal, Marisa Gil, Maite Mato, Fátima Gómez, Ana Manteiga, Fernando Colmenares, David Canoura, José Manuel Alamancos, José Luis Castro e Manuel Villar. Xa en relevos participarase en 4 X 50 libre Mixto, 4 X 50 libre Masculino e Feminino e 4 x 50 estilos Masculino e Feminino. Podes velas listas de saída na sección Convocatorias.
|
|
~ Este sábado día 4 Celébrase na piscina de Santa Isabel a terceira xornada Benxamín coas probas de 100 braza e 50 bolboreta, coa participación de Lorena Pereiro, Iris Sanmiguel, Antía Pardo, Thalia Baleato, Andrea Peteiro, Iago Codesido e Xián Senín. Tamén participará o clube arzuán na proba de Relevos 4 x 50 braza Feminino. Podes velas listas de saída na sección Convocatorias.
|
|
~ Este sábado 28 tivo lugar a segunda xornada infantil na piscina da Gándara en Narón cos seguintes resultados: 200 estilos: Gaspar Andrade 11º David Pampín 16º Raúl Blanco 18º 50 Libres: Raúl Blanco 5º David Pampín 9º José Luis Sánchez 24º Raquel Rey 16º Elena Peteiro 24º 200 Bolboreta: Brais Senín 6º Raúl Rodríguez 8º 200 costas: Gaspar Andrade 10º Román Orois 12º Brais Senín 19º Raúl Rodríguez 23º José Luis Sánchez 28º Raquel Rey 6ª Elena Peteiro 26ª Relevos: 4x100 libres masculino 5º Podedes ver os resultados pormenorizados entrando na sección Resultados.
|
|
~ O pasado sábado 21 celebrouse nas piscinas de Riazor a 3ª xornada da Liga alevín con estos resultados: 200 Braza por idades: Raúl Segade 2º Xoel Amboage 4º Daniel Cendal 17º Alfonso Andrade 2º Manuel Segade 5º Alba Senín 10ª 100 estilos por idades: Raúl Segade 1º Xoel Amboage 7º Daniel Cendal 9º Alfonso Andrade 2º Manuel Segade 11º Alba Senín 9ª Uxía Orois 3ª Relevos: 4x50 Braza Masculino 3º Podedes ver os resultados pormenorizados entrando na sección Resultados.
|
|
~ Este sábado día 21 celébrase á terceira xornada da liga Alevín nas piscinas de Riazor en A Coruña. este sábado celebrase a 3ª xornada Alevín na piscina de Riazor en A Coruña, alí estarán: En 200 Braza Diego Conde, Xoel Amboage, Raúl Segade, Daniel Cendal, Alfonso Andrade, Manuel Segade, Alba Senín e Uxía Orois. E en 100 Estilos Manuel Segade, Alfonso Andrade, Alba Senín e Uxía Orois. Tamén teremos representación nos relevos 4x50 braza Masculino. Podes velas listas de saída na sección Convocatorias.
|
|
~ Este sábado día 14 celébrouse en Monforte de Lemos a 2ª Xornada da Copa Galega de Clubes na súa 3º DIVISIÓN. O Clube Natación Arzúa despois desta segunda xornada, mantense na segunda praza e segue a manter intactas as opcións de estar nesas dúas prazas que dan dereito ó ascenso a Segunda División. O equipo Arzuán acadou ese posto gracias ós puntos acadados por: ANTÍA VILLAR acadou unha 2ª, unha 4ª e unha 5ª praza DIANA COTÓN 6ª GASPAR ANDRADE dous segundos postos RAÚL RODRIGUEZ en 10 e 11º ANTÍA SENÍN en 4ª ANDREA VILLAR 7ª JOSÉ RAMÓN REY un primeiro e un segundo postos ALICIA SENÍN dous terceiros postos DAVID PAMPÍN 4º RAQUEL REY 4ª ELENA PETEIRO 8ª BRAIS SENÍN 3º ROMÁN OROIS 6º e MARTÍN VÁZQUEZ que foi descalificado. En canto ós Relevos, tivemos un segundo, dous terceiros, un cuarto, un sexto, un séptimo, un oitavo e un noveno postos. Podedes ver os resultados pormenorizados entrando na sección Resultados.
|
![]() ~ O domingo día 29 de xaneiro farase a foto de club ás 12 horas da mañá, na piscina. Pídeselle a tódolos nadadores que acudan co equipamento: - Chándal - Conxunto curto (preferiblemente coa camiseta que vai coas cores do chándal(Blanca e azul)). Para poder saír na foto, que será exposta na piscina, deberedes ter asinada a autorización que podedes recoller na piscina. . Ah! vide lavadiños e peinadiños que é para as fotos !!! |
![]() ~ Este sábado día 14 celébrase en Monforte de Lemos a 2ª Xornada da Copa Galega de Clubes na súa 3º DIVISIÓN. O Clube Natación Arzúa despois da primeira xornada parte na segunda praza que tentará, cando menos, manter, para seguir optando a esas dúas prazas que dan dereito ó ascenso a Segunda División. O equipo Arzuán despraza unha representación numerosa formada por: DIANA COTÓN que participará en 800 LIBRE ERIKA GARCIA en 50 BOLBORETA ANDREA VILLAR en 100 BRAZA ANTÍA VILLAR en 800 LIBRE e 400 ESTILOS ELENA PETEIRO en 200 COSTA ANTÍA SENÍN en 100 BRAZA RAQUEL REY en 200 COSTAS ALICIA SENÍN en 50 BOLBORETA e 400 ESTILOS DAVID PAMPÍN en 100 BRAZA RAÚL BLANCO en 200 LIBRE RAÚL RODRIGUEZ en 50 BOLBORETA GASPAR ANDRADE en 200 LIBRE e 400 ESTILOS MARTÍN VÁZQUEZ en 400 ESTILOS BRAIS SENÍN en 200 COSTAS ROMÁN OROIS en 200 COSTAS JOSÉ RAMÓN REY en 100 BRAZA e 50 BOLBORETA En canto ós Relevos, teremos dous equipos na prova de 4x50 Libre Feminino e outros dous na de 4x50 Libre masculino. Sairá un autobús es día ás 14:45 (tres menos cuarto) de diante da piscina. Podes consultalas probas e listas de saída na sección convocatorias.
|
|
~ A pasada semana, desputáronse nas instalacións Javier Gómez Noya de Ferrol os Campionatos Galegos de Inverno Xunior e Absolutos. Ata terras ferrolás desprazáronse tres nadadoras e un nadador Arzuán. Antía Villar, quedou 11ª en 400 libres, 12ª en 100 libres e 16ª en 200 libres e Antía Senín foi 10ª en 50 braza, 11ª en 200 braza e 200 costas e 14ª en 400 libres Alicia Senín acabou 4ª en 200 bolboreta, 8ª en 100 estilos, 10ª en 50 bolboreta e 10ª en 100 bolboreta Xosé Ramón Rey consigueu proclamarse Campión Galego Xunior por partida dobre en 50 e 100 braza, medalla de bronce en 100 estilos e 4º en 50 libres. Estos tempos tamén lle valeron a José Ramón para proclamarse Subcampión Galego Absoluto en 100 braza e 4º en 50 braza.
Para máis información pódes consultar
os resultados na sección resultados
ou na páxina web da competición
web |
|
Consulta as novas do pasado ano 2011 facendo clik aquí Consulta as novas do pasado ano 2010 facendo clik aquí |