~~~ NOVAS DO ANO 2009 ~~~
|
Consulta a nova normativa para bañadores a partires do 1 de xaneiro 2010 aquí |
|
~ ATENCIÓN !!! Xa están colgados na páxina os grupos e horarios de adestramento durante o nadal. Se queres podes consultalos aquí.
|
![]() ~ ATENCIÓN !!! -> Segundo Informa a Federación Galega de Natación, o Campionato Galego de Inverno Xunior e Absoluto que se debería disputar os pasados día 18, 19 e 20 na piscina de Santa Isabel en Santiago e que foi aprazado no su día, desputarase os vindeiros 29, 30 e 31 do vindeiro mes de xaneiro. Lembramos que participarán nela: - Adela Vázquez (50 e 100 Libres e 50 Bolboreta) - Lidia Veiga (100 estilos, 200 braza e 200 costas) - Pedro Martínez (400 estilos, 200 costas e 1500 libres) - e Xosé Ramón Rey (50, 100 e 200 braza) Para ver con máis detalle tódolas probas desta competición podes visitala páxina oficial da mesma aquí ~ Estamos pendentes de sabela nova data para a 2ª Xornada da Liga Benxamín que se debería desputar o pasado día 19 na piscina de Ribeira e que tamén foi apazada polo mesmo motivo. |
|
"Una vez conocido el resultado negativo de la reunión de mediación intersindical en la que nos comunican que no se alcanzó un acuerdo, ante la imposibilidad de garantizar la seguridad y correcto desarrollo del Campeonato Gallego Absoluto y Júnior, además de intentar que el perjuicio económico sea el menor posible, la Comisión Delegada de la FEGAN por unanimidad, decide aplazar la celebración del Campeonato. Será la propia Comisión Delegada la que determine la nueva fecha, que en todo caso, no será antes del mes de febrero." "Debido a la convocatoria de huelga con motivo de la negociación del convenio colectivo de instalaciones deportivas gallegas y, tras conversaciones con representantes de los sindicatos convocantes, ante la imposibilidad de garantizar el correcto desarrollo de la 2ª jornada de liga benjamín, e intentando causar el menor perjuicio económico posible, la Comisión Delegada de la FEGAN decidió aplazar la celebración de la competición. En breve, se comunicará la nueva fecha de celebración."
|
|
~ Colgados os resultados da 2ª Xornada da Liga Alevín que tivo lugar na piscina de Narón o pasado fin de semana. Entre os resultados, cabe destacar os primeiros postos de Brais Senín en 200 libre e 100 costas, Diego Pereiro 2º en 100 costas e 4º en 200 braza e os 9º, 11º 12º postos de Román Orois, David Pampín e José Luis Sánchez respectivamente. |
![]() ~ Colgada a convocatoria para o Campionato Galego de Inverno Xunior e Absoluto que se disputará a partires do vindeiro venres día 18 na piscina de Santa Isabel en Santiago. Participarán nela: - Adela Vázquez (50 e 100 Libres e 50 Bolboreta) - Lidia Veiga (100 estilos, 200 braza e 200 costas) - Pedro Martínez (400 estilos, 200 costas e 1500 libres) - e Xosé Ramón Rey (50, 100 e 200 braza) Para ver con máis detalle tódolas probas desta competición podes visitala páxina oficial da mesma aquí
|
|
~ Tamén esta fin de semana, se celebrou o I Torneo Internacional Memorial Luis Lopes Conceiçao na piscina da localidade Portuguesa de Coimbra. En representación de Galicia desprazáronse ata alí 4 nadadores e 4 nadadoras, entre os que estaba a Arzuana Lidia Veiga. Lidia participou, coma tódolos nadadores, nunca soa proba individual e unha de relevos. En individuais, Lidia, a pesar de partir coa terceira mellor marca, acadou a medalla de ouro, conseguindo un excepcional tempo de 1:11:97 en 100 m. costas. Xa en relevos axudou a acariñala terceira praza en 4x100 libre, aínda que houbo que conformarse coa cuarta. No que se refire á clasificación por Equipos, destacar que Galicia acabou nunha meritoria terceira praza feminina, quinta masculina e cuarta na xeral. Nesta competición tamén se tiñan en conta os puntos FINA (Federación Internacional de Natación) que se otorgan ás marcas máis salientables a nivel internacional. Na entrega de premios houbo que voltar a mencionalo nome de Lidia Veiga ó acadar, ademáis da medalla de ouro en 100m. costas, o premio á terceira mellor marca do Torneo por puntos FINA. Para ver tódolos resultados desta competición podes visitala páxina oficial da mesma aquí ou consultalo na sección "resultados" da nosa web. |
|
~ Esta fin de semana, celebráronse os I Campeonatos de España de Natación por Comunidades Autónomas Infantiles na piscina da localidade extremeña de Don Benito (Badaxoz). En representación de Galicia desprazáronse ata alí 11 nadadoras e 12 nadadores, entre os que estaba o Arzuán Xosé Ramón Rey. Xosé Ramón participou en tres probas individuais e unha de relevos. En individuais, aportou un quinto posto en 100 m. braza (1:09:02), un noveno en 200 m. braza (2:34:24) e un decimoitavo posto en 200 m. estilos (2:25:90), o que supuxo un total de 28 puntos para a Selección Galega. En relevos formou parte do equipo de 4x100 estilos que acadou a oitava praza final. No que se refire á clasificación por Comunidades Autónomas, destacar que Galicia acabou nunha increible terceira praza feminina, oitava masculina e sexta na xeral. Para ver con máis detalle tódolos resultados desta competición podes visitala páxina oficial da mesma aquí ou consultalo na sección "resultados" da nosa web. |
![]() ~ Colgadas a convocatoria para o I Trofeo Internacional "Memorial Luís Lopes Conceiçao" que se vai celebralo vindeiro día 12 en Coimbra (Portugal). A este Trofeo desprazarase a Selección Galega que estará formada só por catro nenos e catro nenas entre os que está a nadadora do Clube Natación Arzúa Lidia Veiga que participará en 100 m. costas e relevos 4x100 . Destacar tamén que un dos dous adestradores da Selección tamén será o do noso Clube, Logi Aldariz. Para estar informado de todo sobre esta competición podes visitala páxina oficial da mesma aquí. Sorte Campiona. |
![]() ~ Colgadas a convocatoria para o I Campionato de España por Comunidades Autónomas Infantil que se celebrará os vindeiros 12 e 13 deste mes na localidade Extremeña de Don Benito (Badaxoz). Entre os convocados aparece o nadador do Clube Natación Arzúa José Ramón Rey que participará en 10 e 200 Braza e 200 Estilos. Para estar informado de todo sobre esta competición podes visitala páxina oficial da mesma aquí. Sorte Campión. |
|
~ Colgada a convocatoria para a 2ª Xornada da Liga alevín que se disputará o vindeiro sábado día 12 na piscina de Narón. |
|
~ ATENCIÓN: informamos que, por decisión técnica, o Clube Natación Arzúa se deu de baixa no Trofeo de Nadal que se disputa esta fin de semana nas instalacións do Club Náutico de Vigo. |
|
~ Colgados os resultados do Trofeo Cidade da Coruña do pasado día 14 en Bastiagueiro no que hai que destacalo RECORD GALEGO DE 12 ANOS acadado por Lidia Veiga cun tempo de 1:15:72 en 100 m. estilos. |
|
~ Colgados os resultados da 1ª Xornada da Copa Galega de Clubes (Terceira División) que tivo lugar na piscina de Riazor este domingo pola mañán. Resultados máis ca discretos que deixaron ó CN Arzúa na primeira posición feminina e última masculina. Na xeral houbo que conformarse con ser terceiros, moi lonxe do Vilagarcía e do local Club del Mar. |
|
~ Colgadas as listas de saída oficiais da primeira xornada da Copa Galega de Clubes (Terceira División) que terá lugar na piscina de Riazor con horarios de 9:00 Adestramento e 10:00 Comezo da competición. |
|
~ Despois do aprazamento no seu día, este domingo comeza a tempada oficial da Copa Galega de Clubes. Despois do descenso de categoría o ano pasado, este ano tócanos participar na Terceira División. A competición terá lugar na piscina de Riazor con horarios de 9:00 Adestramento e 10:00 Comezo da competición. Xa tendes Colgada a convocatoria. |
|
~ Colgados os resultados da 1ª Xornada Promesas do día 21 en Santa Isabel. ~ Colgados os resultados da 1ª Xornada Infantil do día 21 en Santa Isabel. |
|
~ Despois do estreo dos Benxamíns e os Alevíns e dalgún que outro trofeo, esta fin de semana tócalle empezala tempada oficial ós máis cativos (promesas) e ós infantiles. Celebrarase na Piscina de Santa Isabel de Santiago a primeira xonrada para ámbalas dúas categorías. Xa tendes Colgadas as listas de saída. |
|
~ Colgados os resultados da 1ª Xornada Máster do día 8 en Pontevedra. ~ Colgados os resultados do XXV Trofeo Cidade da Coruña do día 14. ~ Anovada a listaxe de records do Clube.
|
~
Colgadas as listaxes de
saída da 1ª xornada Benxamín e 1ª xornada alevín que se disputará na
nosa piscina mañán sábado a partires das cinco da tarde. Para
consultalas fai clik
aquí.~ Colgadas as listaxes de saída do XXV Trofeo "Cidade da Coruña" Absoluto que se celebrará este sábado día 14 ó longo de todo o día na piscina do INEF en Bastiagueiro. Para consultalas fai clik aquí. ~ Xa podemos disfutar das mellores fotos do Clube nun marco dixital que foi instalado nas Vitrinas do Clube, situadas no Hall da Piscina. Se queredes que aparezan algunhas fotos das que tendes vos (especialmente as máis antigas), non tendes máis ca facérnolas chegar. |
|
"La 1ª jornada de Copa Gallega de Clubes de 3ª División aplazada en su momento, se disputará el domingo 29 de noviembre en A Coruña (piscina de Riazor) con el siguiente horario: - Calentamiento: 09:00 h - Competición: 10:30 h" |
|
Pouco a pouco iremos incluindo máis, se tendes algunha que vos interese que incluamos ou que vos parece que nos pode interesar (sobre todo as máis antigas) non dudedes en poñervos en contacto con calquera da directiva ou por EMail e meterémolas encantados. Do mesmo xeito, se hai algunha que non vos gusta ou non queredes que apareza, non tendes máis ca notificárnolo. ~ Anovada a sección "competicións" onde está o calendario da presente tempada. Como xa sabedes, dito calendario pode sufrir algún que outro cambio segundo lle pareza á Federación. |
|
"Os comunico que la primera jornada de la Copa Gallega de Clubes de 3ª División prevista para el sábado 7 de noviembre, no se podrá disputar por no haber sede disponible ese día. A lo largo de esta semana, determinaremos la nueva fecha y la sede de la misma". Manterémosvos informados. |
~
Arricou a tempada!.
Este fin de semana pasado, na piscina Rias do Sur de Pontevedra,
celebrouse o VIII Campionato Galego de longa distancia en categoría
Xunior e Absoluta.O CN Arzúa estivo representado polo nadador Pedro Martínez que, na proba de 3.000 m. na categoría Xunior, acadou unha meritoria quinta praza cun tempo de 34:37:99. Se queres consutalos resultados da súa proba visita a sección Resultados. Para consutalas probas todas podes visitala páxina da proba aquí. |
|
Para consultalas fai clik aquí ou vai á sección "Competicións". ~ Colgadas as normativas correspondentes á tempada que está a piques de escomezar, consultaas na sección "normativas". |
|
~ Atención Xa están colgados na páxina os grupos e horarios de adestramento DEFINITIVOS. Se queres podes consultalos aquí. ~ Onte día 16 celebrouse a reunión da que se confeccionará o calendario das Competicións desta tempada. Manterémosvos informados.
|
|
~ Comeza a nova temada, despois de perto de un mes de vacacións e de estala piscina en obras xa podemos voltar ó traballo. Xa están colgados na páxina os grupos e horarios de adestramento para o mes de Setembro. Se queres podes consultalos aquí.
|
|
~ Despois duns días sen poder informar por varios motivos, retomámola actualidade do Clube cun montón de novas. Dende o pasado día 17 celebráronse unha chea de competicións que pasamos a citar de maneira resumida e breve: ~ Do 15 ó 18 desputouse o Campionato de España Xuvenil en Ourense e, por fín, despois de varias pratas, podemos dicir que xa contamos no Clube cun CAMPIÓN DE ESPAÑA. Trátase de Óscar Pereiro, que se proclamou campión na proba de 50m. costas masculino cun tempo de 26:82, ademáis nas preliminares, acadou á mellor marca do Campionato cuns increibles 26:72. No resto das probas que participou resultou 9º tanto en 100 coma en 200 costas e 25º en 100 libres. Noraboa Campión!. Tódolos seus resultados aquí. ~ O día 18 en A Guarda celebrouse o habitual Trofeo de verán que este ano era para as categorías Promesas, Benxamín e Alevín. Baixo un sol de xustiza, acadáronse resultados de todas as cores, destacanto as medallas de ouro de Gaspar Andrade e Lidia Veiga (ésta por partida doble), a medalla de prata de Brais Senín e os Bronces de Lara Souto e Alfonso Andrade. Tamén cabe mencionala participación dos dous promesas Alba Senín e Xián Senín. Tódolos resultados aquí. ~ Tamén o día 18 se celebrou en As Pontes a Travesía ó Encoro da Ribeira na que destacamos os terceiros postos de Pedro Martínez, Fanny cotón e Diana Cotón, así como as cuartas prazas de Sara Martínez, Antía Villar e o mesmo Pedro Martínez. Ditos resultados estiveron moi ben se temos en conta que son probas que non se adestran e, con máis INRI, se temos en conta que participaba xente especializada. Tódolos resultados aquí. ~ Do 21 ó 24 desputouse tamén o Campionato de España Absoluto nas instalacións do Club Metropole en Gran Canaria cuns resultados bastante discretos por parte de Óscar, pouco acostumado a nadar en piscinas ó aire libre. Tódolos resultados aquí. ~ Do 26 ó 30 tamén se desputou o Campionato de España Infantil en Barcelona, ata alí se desprazaron Pedro Martínez e José Ramón Rey. Nigún dos dous conseguiu meterse nas finais ás que optan os dezaseis mellores e así Pedro acadou un 23º e un 47ª postos, pola súa banda, José Ramón tivo que conformarse cun 34º e 29º postos, bastante lonxe dos postos de privilexio. Tódolos resultados aquí. ~ Xa para finalizar, esta fin de semana desputouse a XVI travesía a nado do Porto da Guarda, ata alí foron Pedro Martínez que acabou 2º, Sara Martínez que logrou a 6ª praza e Antía Villar que rematou 9ª. Tódolos resultados aquí.
|
|
~ Este sábado a partires das 12:00 h., organizado polo C.N. As Pontes, celébrase na localidade de As Pontes de García Rodíguez o V ACUATLON "Encoro da Ribeira" que constará de 1500 m. de carreira a pé, nadar 750 m. e 1500 m. de carreira a pé, o C.N. Arzúa inscribeu ós seguintes atletas: - PEDRO MARTÍNEZ CASTRO , CAT. 3 - SARA MARTÍNEZ CASTRO , CAT. 4 - DIANA COTÓN VÁZQUEZ , CAT. 6
Xa polo serán, darredor
das 17:00 h., no mesmo lugar celebrarase
a
XII Travesía a nado "Encoro da Ribeira" que constará,
dependendo da categoría, de 400, 750 ou 1500 m. Para dita proba o
cnarzua inscribeu ós seguintes nadadores : ~ O mesmo día noutra punta de Galicia, en A Guarda (Pontevedra), desputarase, en sesión matinal, o tradicional Trofeo de Verán de Codesal ó aire libre para Promesas, Benxamíns e Alevíns. Se queres saber quen irá e a que probas, consulta a convocatoria aquí.
|
|
~ Durante esta semana celébrase na Piscina Rosario Dueñas de Ourense o Campionato de España Xunior de Verán. Alí estará o noso nadador e Triple Campión Galego, Óscar Pereiro. Óscar participará nas probas de 50, 100 e 200 costas e 50 libres. Moita sorte! Consulta a convocatoria e probas nas que participa aquí. O Clube organizador xa ten operativa a páxina informativa con tódolos datos desta competición, siguea aquí.
|
|
~ Durante a pasada semana, viñéronse celebrando na piscina de Santa Olaya en Xixón, os Campionatos de España de Natación en Categoría Alevín. Por primeira vez, unha rapaza de Arzúa se clasificou para este tipo de eventos, trátase de Lidia Veiga que, xunto con outras trece nadadoras e oito nadadores, formaron o equipo que defendeu á Comunidade Galega en dita Competición. Lidia participou nas tres probas nas que é Campiona Galega, é dicir, 100 e 200 m. costas e 200 m. braza. Nas probas de costas que, a priori, partía con posibilidades de clasificarse entre as 16 mellores para as finais da tarde, non puido ser, nembargantes, nos 200 m. braza, gracias a uns bos 3:06 puido colarse na final B na que acabaría segunda, ou o que é o mesmo, 10ª de España despois de mellorar en 6 segundos a marca das series clasificatorias deixando o crono nuns 3:00 que, probablemente sexan suficientes para participar nos Nacionais Infantiles da vindeira tempada. Na última xornada Lidia tamén aportou o seu grao de area ó participar nos Relevos 4X100 Estilos nos que Galicia acadou unha expléndida 4ª posición. A Selección Galega acabou 5ª na Xeral, resultado que se pode considerar de moi bo, se temos en conta que as potencias nacionais Cataluña, Andalucía, Madrid e Valencia coparon caseque todo o medalleiro, algo que non é de extrañar se temos en conta que algunhas Seleccións contaban con máis de medio cento de nadadores.
Os resultados de Lidia
aquí.
|
|
~ O pasado fin de semana, celebrouse na piscina de Santa Isabel, en Santiago, o Campionato Galego de Verán de Natación na súa categoría Infantil. Alí, coma nos anteriores, estivo unha pequena representación do Clube Natación Arzúa. Os nadadores que acadaran as mínimas para esta competición foron unha rapaza e dous rapaces. - A rapaza foi Antía Villar que acadou dúas quintas e unha novena praza o que significa unha gran actuación se temos en conta que mellorou ostensiblemente as súas marcas persoais. - Pedro Martínez partía, en condicións normais, con moitas opcións de coroarse campión Galego pero, a desgracia, fixo que se lesionara unhas semanas antes desta cita e que chegara mermado de facultades, o que o relegou a unhas máis que meritorias medallas de Bronce en 1500 libres e 400 estilos. - José Ramón Rey voltou a selo gran triunfador da competición o proclamarse Campión Galego Infantil en 100 e 200 Braza e 50 libres. No que se refire os resultados por equipos, ó só participar con tres nadadores, non é de extrañar que o CN Arzúa quedara relegado ós últimos postos. Tódolos datos desta competición aquí. ~ Noutra orde de cousas, a partires do martes día 7, celébranse na piscina de Santa Olaya en Xixón os Campionatos de España Alevíns por Comunidades Autónomas e alí estará a nosa nadadora Lidia Veiga que participará en 100 e 20 m. costas e 200 m. braza, así coma na proba de relevos 4x100 estilos. Seque a competición na súa páxina oficial aquí.
|
|
~ Este Sábado e Domingo celebrase na Piscina de Sta. Isabel en Santiago o Campionato Galego Infantil de Verán. Alí estará tamén unha representación do Clube Natación Arzúa composta por: - Antía Villar, que parte na súa idade coas marcas seguintes (5ª en 400 libre, 4ª en 800 libre e 10ª en 200 libre). - Marcos Torreiro (8º en 100 estilos, 3º en 200 estilos e 5º en 100 bolboreta). - Pedro Martínez (1º en 1500 libres, 3º en 400 estilos e 2º en 400 libres). - José Ramón Rey (2º en 100 braza, 1º en 50 libres e 1º en 200 braza). Consulta a convocatoria e probas nas que participan cada un deles aquí. A Federación Galega xa ten operativa a páxina informativa con tódolos datos desta competición, visítaa aquí. ~ Noutra orde de cousas, a Federación Española de Natación acaba de enviar unha circular na que, dende o 1 de Xullo, queda totalmente prohibida a utilización de bañadores que baixen da rodilla e os que teñan cremalleras ou calqueira outro tipo de cierres en Categorías Benxamín, Alevín e Infantil. Esta normativa xa fará efecto no Campionato Galego Infantil desta fin de semana. Lee a circular completa aquí.
|
|
~ Dende o pasado venres, e durante toda a fin de semana, celebráronse na Piscina Olímpica Rías do Sur en Pontevedra, os Campionatos Galegos de verán nas súas categorías Xunior e Absoluta. O CN Arzúa participou con seis deportistas, catro nadadoras (Sara Martinez, Fanny Cotón, Adela Vazquez e Lidia Veiga), e dous nadadores (Oscar Pereioro e Xosé Ramón Rey), Pedro Martínez, aínda que acadou as marcas mínimas para poder participar neste campeonato, causou baixa por lesión. A nivel xeral a actuación foi a agardada. Cabe destacar a actuación de Oscar Pereiro que se proclamou quíntuple Campión Galego con cinco medallas de ouro en 50 costas xunior e absoluto, 100 costas xunior e absoluto (onde bateu o record do torneo) e 200 costas xunior, e Subcampión Galego en 200 costas absoluto. O resto dos nadadores tiveron unha actuación discreta, aínda que se melloraron algunhas marcas personais. Os resultados, polo miudo foron: - Xosé Ramón: 5º en 200 braza absoluto, 10º en 100 braza absoluto, e 15º en 50 braza absoluto. - Fanny Cotón: 8ª en 100 bolboreta xunior e 9ª en 50 bolboreta xunior. - Adela Vázquez: 8ª en 50 bolboreta xunior, 1Oª en 100 libres xunior e 11ª en 50 libres xunior. - Sara Martinez: 16ª en 50 braza absoluto e 23ª en 50 libres absoluto. - Lidia Veiga: 21ª en 200 costas absoluto e 23ª en 100 costas absoluto. Por último, sinalar a importancia da participación, xa de por sí, dos Nadadores en Idade Infantil (Xosé Ramón) ou incluiso Alevín (Lidia Veiga). Estos nadadores acadaron as marcas mínimas esixidas neste campeonato correspondentes a nadadores, no caso de Lidia, 6 anos maiores ca ela, sendo unha das catro nenas de 12 anos (11 aínda no caso de Lidia) de toda Galicia que puideron facelo. Consulta tódolos resultados e marcas na web da Federación Galega aquí.
|
|
~ Dende o venres ata o Domingo celébranse na Piscina Olímpica Rías do Sur de Pontevedra os Campionatos Galegos Absolutos e Xunior de Verán. Alí estará tamén unha representación do Clube Natación Arzúa composta por: - Fanny Cotón. - Sara Martínez. - Adela Vázquez. - Lidia Veiga. - Óscar Pereiro. - José Ramón Rey. Consulta a convocatoria e probas nas que participan cada un deles aquí. A Federación Galega xa ten operativa a páxina informativa con tódolos datos desta competición, visítaa aquí.
|
|
~ Á terceira foi a vencida. Por terceiro ano consecutivo, o Clube Natación arzúa, participou no Trofeo de Verán "Cidade de Lugo" que cumpría a súa edición nº XIX. Despois de quedar ás portas do pódium os anos anteriores, desta volta os nadadores arzuáns lograron subir ó terceiro chanzo por equipos. Este resultado pódese calificar coma impresionante se temos en conta que se enfrontaban a equipos de Cidades coma Lugo, Ferrol, Pontevedra, Narón e Monforte entre outros, como curiosidade, destacar que incluso participou un equipo Portugués. En canto ós resultados individuais que aportaron os puntos necesarios para obter dito posto cabe destacar: -Os Ouros de Lidia Veiga, Alicia Senín García e José Ramón Rey. -As Pratas de Marcos Torreiro, Brais Senín, Gaspar Andrade e Antía Senín Mouriño. -Os Bronces de Lara Souto, Raúl Segade, Lidia Veiga e José Ramón Rey. -Os cuartos postos de Brais Senín e Lara Souto. -Os quintos postos de Román Orois, Marcos Torreiro, Uxía Orois e Alfonso Andrade. Outros nadadores que aportaron os seus puntos, tamén decisivos para superar ó Redondela, foron María Vázquez, Daniel Vázquez, Diego Pereiro, Andrea Villar, Martín Vázquez, Antía Villar e Diana Cotón. Tamén contou o sexto posto acadado no relevo de 6x50 libres. Consulta os resultados aquí. ~ Para celebrar este, e tódolos resultados deste ano, onte celebrouse a “Comida de fin de Tempada” na Praia fluvial de Ribadiso. Máis dun cento persoas, entrenadadores, directivos e familiares, disfrutaron dunha tarde inesquecible de convivencia dun Clube que día a día segue a medrar en número e en resultados gracias ó traballo encomiable da Directiva, adestradores, país e, sobre todo, nadadores.
Destas dúas novas
teremos, en breve unha bonita colección de fotos cortesía de Manolo
Villar. |
|
|
|
~ Este Sábado, unha boa representación Arzuana desprazarase ata Lugo. Alí, nas instalacións do Fluvial, participaremos, un ano máis, no XIX trofeo Cidade de Lugo. Para consultalos nadadores e nadadoras que están convocad@s e as probas nas que participarán pódelo facer aquí. ~ Actualizada a lista de mellores marcas do Clube (Sección Marcas Mínimas). |
|
~ Colgados os resultados da Copa Galega de Natación Benxamín do días 13 en Ribeira onde o CN ARZÚA acadou o decimosegundo posto en feminino e CAMPIÓNS GALEGOS MASCULINOS. Na xeral rematamos cuartos por moi pouco. En canto ás probas individuais destacamos: - Primeiros postos de Alfonso Andrarde, Raul Segade e os relevos de 4x50 libres e 4x50 estilos masculinos. - Segundos postos de David Pampín e relevos 4x50 estilos masculinos 10-11 anos. - Terceiros postos de Brais Senín, Diego Conde e Uxía Orois. - Cuartos postos de Manuel Vila e Román Orois. Os resultados definitivos aquí Tódolos detalles na web oficial da Competición aquí
|
|
~ Xa está operativa na web da Federación Galega de Natación a sección adicada á Copa Galega de Natación Benxamín que se disputa esta fin de semana na Piscina de "A Fieiteira" en Ribeira. Alí teremos once nenos e dúas nenas. Coma a semana pasada en Vigo nos Campionatos Galegos Alevíns de verán, vamos con moitas posiblidades de traer medallas, tanto en individuais coma en Relevos. sorte a tod@s. Consulta tódolos datos aquí. |
|
~ Colgados os resultados dos Campionatos Galegos Alevíns dos días 6 e 7 en Vigo onde o CN ARZÚA acadou o séptimo posto en feminino e decimosegundo na Xeral e trouxo tres ouros (Lidia Veiga), unha Prata (Lara Souto) e tres Bronces (dous de Diego Pereiro e un en Relevos con Alicia, Antía, Lara e Lidia). Lee a noticia completa aquí. Desfruta de algunhas fotos aquí Os resultados definitivos aquí Tódolos detalles na web oficial da Competición aquí |
|
~ Xa está operativa na web da Federación Galega de Natación a sección adicada ós Campionatos Galegos Alevíns de verán que se disputan esta fin de semana na Piscina de "As Travesas" en Vigo. Alí teremos seis nadadores competindo Alicia Senín, Antía Senín, Lara Souto, Lidia Veiga, Raquel Rey e Diego Pereiro, vamos con moitas posiblidades de traer medallas, tanto en individuais coma en Relevos. sorte a tod@s. Consulta tódolos datos aquí.
|
|
~ Este Sábado no Polideportivo Batallóns de Ferrol xogámonos o seguir en segunda división da Copa Galega para o ano vindeiro. Para conseguilo temos que repetilo resultado do sábado pasado no que quedamos primeiros. De acadalo seríamos o equipo que se salva dos tres que loitamos por non baixar a terceira. Sorte rapaces!! ~ Colgada a convocatoria para a Copa Galega Benxamín do 13 de Xuño en Ribeira |
|
~ Correxidos os resultados da 4ª Xornada Infantil disputada en Carballo e colgada a clasificación final na que acabamos na xeral en noveno posto, xa por sexos fomos cuartos en masculino e decimoterceiros en feminino. ~ Colgados os resultados da 2ª Xornada Final da Copa Galega de Clubes do día 23 en Ferrol.
|
|
~ Colgada a convocatoria para os Campionatos Galegos de Verán Alevín dos días 6 e 7 de Xuño en Vigo (As Travesas) ~ Noutra orde de cousas, segundo unha nota informativa recibida da Federación Galega de Natación sobre a utilización de bañadores en competición, comunícase que nas competicións organizadas pola propia Federación, manteranse as normas establecidas na circular da RFEN do 14 de marzo do 2009 que podedes consultar aquí. |
|
~ Colgados os resultados do Festival Promesas do día 16 en Vigo. |
|
~ Colgados os resultados da 4ª Xornada Infantil do día 16 en Carballo. |
|
~ Colgadas as listas de saída definitivas para a 4ª Xornada Infantil do día 16 en Carballo ~ Colgadas as Clasificacións finais da Liga Benxamín cun increible segundo posto masculino na Xeral. |
|
~ Colgada a convocatoria para o XIII Torneio Internacional Máster do Domingo día 17 en Viana do Castelo (Portugal) ~ Actualizada a lista de mellores marcas do Clube (Sección Marcas Mínimas) |
|
~ Colgados os resultados da 5ª Xornada Benxamín do día 9 en Santiago (Sta. Isabel). ~ Colgados os resultados da 4ª Xornada Promesas do día 9 en Santiago (Sta. Isabel). ~ Colgados os resultados da 1ª Xornada Final da Copa Galega de Clubes do día 9 en Xove. |
|
~ Colgadas as listas de saída definitivas para 4ª xornada Promesas e 5ª Benxamín do día 9 en Santaigo (Sta. Isabel) |
|
~ Colgada a convocatoria para a 4ª Xornada Infantil do día 16 en Carballo ~ Colgada a convocatoria para o Festival Promesas do día 16 en Vigo (Real Club Náutico) |
|
~ Colgada a convocatoria para a Xornada 1 da Final da Copa Galega de Clubes do día 9 en Xove ~ Colgada a convocatoria para a 5ª Xornada Benxamín do día 9 en Santiago (Sta. Isabel) ~ Colgada a convocatoria para a 4ª Xornada Promesas do día 9 en Santiago (Sta. Isabel) |
|
~ Colgados os resultados da 6ª Xornada Alevín do día 25 en Santiago (Sta. Isabel). ~ Colgados os resultados da 4ª Xornada Benxamín do día 25 en Santiago (Sta. Isabel).
~
A T E N C I Ó N: Noutra orde de
cousas, informamos que, segundo notificación da Federación Galega: |
|
~ Colgadas as listas de saída definitivas para a competición Benxamín e Alevín do 25 en Santiago (Santa Isabel) |
|
~ Colgados os resultados da 5ª Xornada Máster do día 19 en Monforte. ~ Colgada a convocatoria para o competición Benxamín e Alevín do 25 en Santiago |
|
~ Colgada a convocatoria para a competición Máster do día 19 en Monforte |
|
~ De xenial se pode catalogala participación de Óscar Pereiro no X CTO. DE ESPAÑA "OPEN" ABSOLUTO DE PRIMAVERA que ven de celebrarse no Centro Acuático Municipal de Málaga. Óscar nadou o xoves día 2 a proba de 50m. libre na que partía, por marcas, no posto 52 e que refrendou cun tempo de 24:91. Xa o venres día 3 tocoulle o turno á suá especialidade, os 50m. costas onde posuía o 12º mellor tempo. Como se agardaba, acadou o seu pase a semifinais cun tempo de 27:18, tempo que melloraría pola tarde cun 27:05 que non foi suficiente para clasificarse para as finais, resultando nas listas finais 12º como partía en principio. Na xornada do sábado día 4, eran os 100 m. costas na que, estando no posto 23 provisorio, acadou o vixésimo tempo cuns 58:85 que o deixaron a só 30 décimas das semifinais. Tendo en conta que se trataba dunha competición Absoluta e Internacional na que se batiron records de España e de Europa, temos que estar máis ca orgullosos do noso compañeiro que segue a medrar no mundiño da natación a pasos axigantados. Noraboa Campión! Segue todo sobre esta competición aquí.
~ ¡ ¡ ¡ A T E N C I Ó N ! ! !
|
|
~ Despois da súa exitosa participación nos Campionatos de España Xunior, Óscar Pereiro non para, esta fin de semana desprazarase a Málaga, onde se celebrará no Centro Acuático Municipal da cidade Andaluza o X CTO. DE ESPAÑA "OPEN" ABSOLUTO DE PRIMAVERA. Alí estará Óscar que nadará o xoves día 2 a partires das 10:00 da mañá a proba de 50m. libre na que parte, por marcas, no posto 52. Xa o venres día 3 a partires das 10:05 tocaralle o turno á suá especialidade, os 50m. costas onde posee o 12º mellor tempo. Na xornada do sábado día 4, a partires das 10:37, serán os 100 m. costas na que está no posto 23. Tendo en conta que se trata dunha competición Absoluta e Internacional, temos que estar máis ca orgullosos do noso compañeiro que segue a medrar no mundiño da natación a pasos axigantados. Sorte Campión! Segue todo sobre esta competición aquí.
~ Noutra orde de cousas temos que informar da novas
normas da Federarción Internacional sobre a utilización de Bañadores
en Competicións que dí textualmente:
|
|
~ A pares, así se troixeron os nosos Alevíns e Benxamíns as medallas do IV Trofeo "Promesas do Lérez" disputado este sábado na Piscina Rías do Sur de Pontevedra, onde se dan cita os mellores nadadores de Galicia nestas idades. A mañá xa prometía, pois dos once nadadores que levábamos, nove clasificáronse para as finais. As previsións cumpríronse e así podemos contar con dúas medallas de Bronce, dúas pratas e dous ouros. Os dous bronces foron acadados por Gaspar Andrade en 50 m. Braza Benxamín Masculino cun tempo de 46:11 e Lara Souto en 100 m. Costas Alevín Feminino cunha marca de 1:22:39. As dúas pratas viñeron da man de Uxía Orois en 50 m. Braza Benxamín Feminino gracias a uns espectáculares 51:06 e Antía Senín en 200 m. Libres Alevín Feminino cunha marca de 2:43:47. Os que se subiron ó máis alto do caixón foron Brais Senín en 50 m. Costas Masculino Benxamín parando o crono en 39:10 e Lidia Veiga que en 100 m. Costas Alevín Feminino marcou un increible 1:18:37 que lle valeu ademáis para acadar a mínima para os Campionatos de España. Se houbese medalla para os cuartos clasificados, tamén traeríamos dúas pois Román Orois en 50 Braza Benxamín Masculino e Alicia Senín en 100 Braza Alevín Feminino quedaron ás portas, esta última por unhas décimas, das medallas de Bronce. O nadador que nos queda, Alfonso Andrade tamén acadou unha meritoria quinta praza en 50 Braza Benxamín Masculino, proba na que acadamola terceira, cuarta e quinta praza. Tamén debemos sinalar que se quedaron fora das finais por pouco Diego Conde e Diego Pereiro. Ainda que de maneira anecdótica, sinalar que, fora de concurso, o C.N. Arzúa acabou en segundo lugar na proba de relevos na que participaban once dos Clubes presentes na Competición.
~ Tamén
o sábado, se desprazaron os Infantís, os Alevíns que non se
clasificaron para as finais do Trofeo de Pontevedra e os Promesas
para participar nas xornadas zonais de cada categoría.
|
|
~ Cumplíronse as previsións e Óscar Pereiro acaba de proclamarse Subcampión de España xuvenil nos XXIX Campionatos de España Xunior que se están a celebrar na piscina La Salera de Castellón. Óscar acadou na proba de 50 m. costas, na que tiña o segundo mellor tempo, a medalla de prata cun tempo de 26:57, unhas décimas peor co tempo co que partía debido a un problema de "oído" na saída que afectou a tódolos participantes da proba. Pola tarde na proba dos 100 m. costas, na que Óscar partía co sexto mellor tempo, acabou no mesmo sexto posto. Noraboa Campión! Segue todo sobre esta competición aquí.
~ Noutra orde de cousas mencionar que están
confirmadas as datas e sedes das tres xornadas da
Fase Final da Copa Galega de Clubes:
|
|
~ Esta fin de semana celébranse na piscina La Salera de Castellón o XXIX Campionato de España Xunior. Alí estará Óscar Pereiro que nadará o venres participando nas súas especialidades: Pola mañá 50 m. costas na que parte co segundo mellor tempo, e, xa pola tarde en 100 m. costas na que ten o 6º mellor tempo. Sorte Campión! Segue todo sobre esta competición aquí.
~ Tamén este sábado ven completo para o Clube xa que se
celebrará na piscina Rías do Sur de Pontevedra o Trofeo Promesas do
Lérez para Alevíns e Benxamíns, alí estarán os mellores de Galicia
e, como non, algúns dos nosos nadadores.
~ Tamén este sábado celebraranse na piscina de Santa
Isabel de Santiago as Xornadas Locais de Infantiles (3ª Xornada), Alevíns
(5ª Xornada) e
Promesas (3ª Xornada), alí estarán os nosos nadadores (os Alevíns que están en
Pontevedra dependerá dos que pasen ás finais da tarde).
|
|
~ Non puido ser, na terceira e definitiva xornada dos XXIX campionatos de España de Inverno en Categoría Infantil que se celebraron na piscina Parquesol de Valladolid, José Ramón Rey partía coa mellor marca da súa idade, pero nunha chegada masiva tivo que conformarse co sexto posto. José Ramón, que marcou 1:09:68 empeorou o seu tempo en perto de un segundo e medio, o que fixo que non tivese opción de optar ás medallas. De acadala súa mellor marca houbera repetido coma campión de España. Agora só queda pasar páxina e centrarse nos vindeiros campionatos e prepararse a conciencia. Como dato simplemente anecdótico, dicir que o C.N.Arzúa rematou no posto 64 de España e terceiros de Galicia só superados polo Clube Natación Coruña (22º) e o Real Club Náutico de Vigo (54º). Xa colgamolos resultados dos nosos nadadores na Sección Resultados. Consulta todo sobre esta competición aquí.
|
|
~ Un último parcial de 40:49, apartou a José Ramón da medalla de bronce en 200 m. braza na segunda xornada dos XXIX campionatos de España de Inverno en Categoría Infantil que se están a celebrar na piscina Parquesol de Valladolid. José Ramón chegou á metade da proba en segunda posición (do ano 1994) pero cedeu un posto por parcial de ahí ó final. Escapóusenos a medalla de prata por só catro décimas. Foi unha pena pero, hai que felicitar ó nadador Arzuán pois a súa marca de hoxe 2:31:50 mellora a marca coa que partía en cáseque 5 segundos. Agardamos agora a xornada de mañá na que, o mesmo José Ramón parte coa mellor marca en 200 m. braza. Sorte campión! Segue todo sobre esta competición aquí.
|
|
~ Estanse a celebrar na piscina Parquesol de Valladolid os XXIX campionatos de España de Inverno en Categoría Infantil e alí están dous nadadores do Clube Natación Arzúa. A competición deu comezo hoxe pola mañá e alí estabá o noso nadador Pedro Martínez disputando os 1500 m. libres. Despois de disputada a final podemos dicir que Pedro acabou na duodécima posición (ano 1993) cun tempo de 17:10:23. Segue todo sobre esta competición aquí. |
|
~ Esta fin de semana celébranse na piscina Parquesol de Valladolid os XXIX campionatos de España de Inverno en Categoría Infantil e alí estarán dous nadadores do Clube. A competición dará comezo o venres pola mañá e alí estará o noso nadador Pedro Martínez disputando os 1500 m. libres, Pedro parte coa 15ª mellor marca dos nados no 1993 de 17:08:89. Ó día seguinte tocaralle o turno a José Ramón Rey que participará pola mañá en 200 m. braza. José Ramón parte co sexto mellor tempo de España para os nados no ano 1994 cun tempo de 2:36:45. O Campionato acabará o domingo pola tarde e ahí repetirá José Ramón, esta vez en 100 m. braza, na que parte co mellor tempo dos nados no ano 94 cuns impresionantes 1:08:25. Sorte os dous. Segue todo sobre esta competición aquí.
|
|
~ Colgada a convocatoria para a competición Promesas, Alevín e Infantil día 28 en Santiago (Sta. Isabel) ~ Colgada a convocatoria para o trofeo Promesas do Lérez do día 28 en Pontevedra |
|
~ O nadador arzúan Óscar Pereiro (na foto) ven de participar no XIII TROFEO INTERNACIÓN VILLA DE GIJÓN os pasados 7 e 8 de Marzo na piscina Santa Olaya da Cidade Asturiana. Óscar participou nas probas de 50 e 100 costas e 50 libres, acadando sendas medallas de bronce nas dúas primeiras probas e un meritorio oitavo posto nos 50 libres. ~ Colgados os resultados da 3ª Xornada da Copa Galega do día 14 de Febreiro en Xove. |
|
~ Colgados os resultados da 4ª Xornada Alevín do día 28 en Arzúa. ~ Colgados os resultados da 2ª Xornada Promesas do día 28 en Arzúa. |
|
~ O nadador arzúan Óscar Pereiro (na foto) ven de ser convocado pola Federación Galega de Natación, para participar no XIII TROFEO INTERNACIÓN VILLA DE GIJÓN. Dita competición disputarase os vindeiros 7 E 8 de Marzo na piscina Santa Olaya da Cidade Asturiana. Óscar participará nas probas de 50 e 100 costas e 50 libres. ~ Colgada a convocatoria para a 4ª Xornada da Categoría Máster do día 8 de Marzo en Carballo. |
|
|
|
~ Colgados os resultados da 3ª Xornada Máster do día 15 en Vigo. |
|
|
|
~ Tamén segundo información da Federación Galega de Natación, "En reunión da Comisión Delegada da FEGAN celebrada o domingo 15 de febreiro, aprobouse o troco de datas do Campionato Galego Absoluto e Xúnior de verán. As datas de celebración serán os días 26, 27 e 28 de Xuño, manténdose a sede e o clube orgaizador: Pontevedra (Rías do Sur) e organizado polo CN Galaico-Sercoysa/FEGAN. En breve se publicará o calendario modificado na web da Federación. ~ Colgada a listaxe provisoria de Records Galegos en Categoría Máster.
|
|
|
|
Inda que por equipos o só estar representados por catro nadadores masculinos só se acadou un meritorio 7º posto na xeral, non podemos deixar de destacalas medallas acadadas por José Ramón Rey (Ouro en 100 e 200 Braza e Prata en 200 estilos) e Pedro (Prata en 1500 libres e Bronce en 400 estilos, a primeira con mínima española engadida) así como os quintos, sextos e séptimos postos acadados tamén por Marcos e Xaquín. ~ Colgada a convocatoria para a competición Alevín e Promesas do día 28 en Arzúa. |
|
Galicia rematou na terceira posición na categoría masculina e cuarta na feminina e na xeral. Só nos dobregaron as superpotencias españolas, Cataluña, Madrid e Andalucía. Noraboa a Galicia en xeral e a Óscar en particular. Se queres consultar tódolos datos fai clik eiquí. ~ Colgada a convocatoria para a terceira xornada da Copa Galega do día 21 en Xove.
|
|
~ Colgados os resultados da 3ª Xornada Benxamín do día 7 en Santiago. |
|
|
|
~ Colgada a convocatoria para a competición Máster (3ª Xornada) do día 15 en Vigo (As Travesas) |
|
|
|
~ Con respecto á 2ª xornada da Copa Gallega de Clubes que non se puido disputar o pasado 24 de xaneiro en Xove, unha vez estudiadas as diferentes posibilidades (poucas) en función do calendario, a Federación Galega de Natación propón como data para a súa celebración o sábado 7 de marzo en Xove en horario habitual. A inscripción realizaríase de novo (límite de inscripción o martes 3 de marzo), tendo en conta que xa se tería disputado a 3ª xornada (21 de febreiro), coas consiguintes consideracións en canto ó límite de probas individuais por nadador.
|
|
~ Suspendida a xornada da Copa Galega do Sábado que se debería disputar en Xove por mor do Temporal. |
|
|
|
~ Estase a preparar en Arzúa un proxecto moi ilusionante que, inda que non ten que ver co noso ámbito, non podemos pasala oportunidade de mencionalo e facerlle un pouquiño de publicidade que é do que se trata. Un grupo de "coñecidos" está a argallar todo o posible para acadar un record Guiness fabricando, como din eles "El queso más grande del mundo". Para máis información visitade a súa páxina web => http://elquesomasgrandedelmundo.com sorte rapaces.
|
|
|
|
|
|
~ Colgada a convocatoria para a Copa Galega do día 24 en Xove. ~ Colgados os resultados da 2ª Xornada Benxamín do día 20 en Carballo. |
|
|
|
|