|
~ A partires deste mércores e ata o venres, despútanse nas instalacións Javier Gómez Noya de Ferrol os Campionatos Galegos de Inverno Xunior e Absolutos. Ata terras ferrolás desprázanse tres nadadoras e un nadador Arzuán. Antía Villar, participará en 100, 200 e 400 libres Antía Senín en 400 libres, 50 e 200 braza e 200 costas Alicia Senín en 50, 100 e 200 estilos e 100 estilos Xosé Ramón Rey competirá nas probas de 50 libres, 100 estilos e 50 e 100 braza. Podes consultala convocatoria pormenorizada na sección Convocatorias. Para seguila competición podes entrar na súa web
|
|
~ O pasado día 18 disputouse na Piscina Municipal de Ponte Areas a Segunda xornada da liga Máster de Natación cos seguintes resultados: Mª Teresa Mato, 1ª en 100 bolboreta e 3ª en 200 braza Mª Teresa Paz, 2ª en 50 costas e 5ª en 50 libres Marisa Gil, 6ª en 50 libres e 8ª en 50 costas Teresa Amenal, 11ª en 50 costas e 15ª en 50 libres Mª Teresa Diéguez, 5ª en 50 libre Ana Mª García, 7ª en 50 libre Manuel Villar, 4º en 50 libres e 5º en 200 braza Benigno Pereira, 4º en 50 libre e 7º en 50 costas Juan Carlos Alonso, 6º en 50 libres Tamén se acadou o 4º posto nos relevos 4x50 Femeninos Nas Clasificacións finais, rematamos oitavos en Femininas, décimos en Masculinos e décimos na xeral. Podes consultalos resultados pormenorizados entrando na sección Resultados.
|
|
~ Resultados da primeira xornada Máster celebrada o domingo 27 en Carballo: Teresa Carámés 2ª en 50 braza e 2ª en 100 estilos Fátima López 3ª en 100 estilos e 3ª en 50 bolboreta Ana Mª Manteiga 3ª en 50 braza e 4ª en 100 estilos Manuel Villar 4º en 50 braza e 8º en 100 estilos Benigno Pereira 5º en 50 braza e 5º en 100 estilos Marisa Gil 6ª en 100 costas e 6ª en 100 estilos Isabel Vázquez 7ª en 100 costas Teresa Amenal 7ª en 100 estilos Relevos: 8º en 4x50 libre mixto Calsificación Feminino = oitavas Calsificación Masculilno = decimocuartos Clasificación Xeral = décimos Podedes ver os resultados pormenorizados entrando na sección Resultados.
|
|
~ Resultados da primeira xornada Infantil celebrada o sábado 26 en Riveira: Raquel Rey 1ª en 100 costas e 4ª 400 libres Gaspar Andrade 2º en 1500 libres e 4º en 100 costas Brais Senín 4º en 1500 libres e 5º en 100 costas Raúl Blanco 5º en 1500 libres e 8º en 100 estilos Elena Peteiro 6ª en 100 costas e 13ª en 100 estilos David Pampín 6º en 100 Braza e 9º en 100 estilos Román Orois 8º en 100 costas e 11º en 100 estilos Raúl Rodríguez 8º en 1500 libres e 11º en 100 costas José Luis Sánchez 14º en 100 braza e 16º en 100 estilos Relevos 3º en 4x50 libre masculino. Podedes ver os resultados pormenorizados entrando na sección Resultados.
|
|
~ Resultados da segunda xornada Alevín celebrada o sábado 26 en Riveira: 11 Anos: Alba Senín 2ª en 200 costas e 2ª en 100 libres 12 Anos Raúl Segade 1º en 200 costas e 100 libres Diego Conde 2º en 200 costas e 3º en 1500 libres Xoel Amboage 3º en 200 costas e 2º en 100 libres Daniel Cendal 4º en 200 costas e 3º en 100 libres 13 Anos: Alfonso Andrade 1º en 200 costas e 2º en 1500 libres Manuel Segade 3º en 100 libres e 4º en 1500 libres. Relevos: 1º en 4x50 costas Masculino Podedes ver os resultados pormenorizados entrando na sección Resultados.
|
|
~ Este domingo día 27 celébrase na Piscina Bergantiños de Carballo a 1ª Xornada Máster coa participación dos nadadores: Marisa Gil en 100 costas e 100 estilos Isabel Vázquez en 100 costas Ana Mª Manteiga en 50 braza e 100 estilos Mª Teresa Mato en 50 braza e 100 estilos Teresa Amenal en 50 braza e 100 estilos Fátima Gómez en 100 estilos e 50 bolboreta Manuel Villar en 50 braza e 100 estilos Benigno Pereira en 50 braza e 100 estilos Relevos: 4x50 libres mixtos. Podedes consultalas listas de saída na sección convocatorias.
|
|
~ Este sábado día 26 pola tarde, celébrase na Piscina de Ribeira a 2ª Xornada Alevín coa participación dos nadadores: Alba Senín en 200 costas e 100 libre Raúl Segade 200 costas e 100 libre Manuel Segade en 100 libre e 1500 libre Alfonso Andrade en 200 costas e 1500 libre Diego Conde en 200 costas e 1500 libre Xoel Amboage 200 costas e 100 libre Daniel Cendal 200 costas e 100 libre Relevos: 4x50 costas masculino Podedes consultalas listas de saída na sección convocatorias.
|
|
~ Este sábado día 26 pola tarde, celébrase na Piscina de Ribeira a 1ª Xornada Infantil coa participación dos nadadores: Elena Peteiro en 100 estilos e 100 costas Raquel Rey en 400 libres e 100 costas David Pampín en 100 estilos e 100 braza Raúl Blanco en 100 estilos e 1500 libre Raúl Rodríguez en 1500 libre e 100 costas Gaspar Andrade en 1500 libre e 100 costas José Luis Sánchez en 100 estilos e 100 braza Brais Senín en 1500 libre e 100 costas Román Orois en 100 estilos e 100 costas Podedes consultalas listas de saída na sección convocatorias.
|
|
~ Resultados da 1ª Xornada Benxamín disputada o pasado 12 de novembro nas piscinas de Santa Isabel en Santiago: 9 anos: Andrea Peteiro 2ª en 100 libre Xián Senín 2º en 50 costas 10 anos: Antía Pardo 1ª en 100 libre e 1ª en 50 costas Lorena Pereiro 2ª en 100 libre e 2ª en 50 costas Thalía Baleato 6ª en 100 libre e 6ª en 50 costas Iago Codesido 2º en 100 libre e 3ª en 50 costas Relevos: 1º en 4x50 libres feminino Podedes ver os resultados pormenorizados entrando na sección Resultados.
|
|
~ Resultados da 1ª Xornada Alevín disputada o pasado 12 de novembro nas piscinas de Santa Isabel en Santiago: 11 anos: Alba Senín 2ª 200 libres e 3ª en 100 costas 12 anos: Raúl Segade 1º en 200 libre e 1º en 100 costas Diego Conde 2º en 200 libre e 2º en 100 costas Daniel Cendal 3º en 200 libre e 4º en 100 costas Xoel Amboage 4º en 200 libre e 3º en 100 costas 13 anos: Alfonso Andrade 2º en 200 libres e 1º en 100 costas Manuel Segade 4º en 200 libres e 3º en 100 costas Relevos: 1º en 4x50 libres masculino.. Podedes ver os resultados pormenorizados entrando na sección Resultados.
|
![]() ~ Xa temos facebook, a partir de agora tentaremos mantervos informados tanto na web coma no facebook, nel poderedes compartir fotos, vídeos, enlaces, historias, comentarios e todo o que queirades. Facédevos fans entrando aquí. |
|
~ Este fin de semana tócalle o turno ós Benxamíns e ós Alevíns. Os cativos do clube escomezan a tempada coa disputa da primeira xornada das súas respectivas ligas nunha xornada común que terá lugar na tarde do sábado na Piscina de Santa Isabel en Santiago de Compostela. Polos Benxamíns participarán: Lorena Pereiro, Andrea Peteiro, Iris Sanmiguel, Antía Pardo, Thalía Baleato, Iago Codesido e Xián Senín Pola súa banda, os Alevíns convocados son: Uxía Oois, Alba Senín, Daniel Cendal, Raúl Segade, Manuel Segade, Alfonso Andrade, Diego Conde e Xoel Amboage. Podedes consultalas listas de saída na sección convocatorias. |
|
~ Arrincou a tempada coa Copa Galega de Clubes en Monforte, o CN Arzúa colleitou un merecido e provisional segundo posto. Podedes ver os resultados pormenorizados entrando na sección Resultados. Tamén podedes ver unhas cantas fotos na sección fotos.
|
![]() ~ Este sábado comeza a tempada 2011 - 2012 para o Clube Natación Arzúa. Os nadadores Arzuáns desprazaranse ata a Piscina Municipal de Monforte de Lemos para participar na primeira xornada da 3ª división da Copa Galega de Clubes. Despois do descenso axustado da tempada pasada, nesta ocasión o Clube Arzuán parte coa ilusión de retornar á Segunda División, para o cual este ano xa contarán con varios nadadores que o ano pasado non podían competir. Por orde de participación estarán: Raúl Blanco, Gaspar Andrade, Antía Villar, Diana Cotón, Raúl Rodríguez, Brais Senín, Elena Peteiro, Raquel Rey, Alicia Senín, Lidia Veiga, David Pampín, Ántía Senín, Martín Vázquez, Román Orois, Lara Souto, José Ramón Rey e Andrea Villar. Mencionar que coma rivais, este ano estarán, ademáis do clube local de Monforte de Lemos e o Arzúa, o Liceo de A Coruña, o Universiario de Santiago, Salnés e Mos. Podes consultalas probas e listas de saída na sección convocatorias.
|
![]() ~ Comeza a tempada 2011 /2012, tendes colgados os grupos e horarios de adestramento na sección adestramentos.
Xa
están colgados tamén os calendarios provisionais das competicións
desta tempada na sección
competicións. |
|
ÓSCAR
PEREIRO |
![]() ~ Esta semana saleu publicado no diario "Tierrars de Santiago" un artículo resumo da tempada do CN Arzúa, por motivos de espazo (supoñemos), dito artículo veuse reducido quedando sin mencionar o adestrador, o Sponsor e a sección Máster. Podedes vela crónica tal e como se lles enviou aquí. Sentímolo moito.
|
|
~ Dende o martes 2 ata o sábado 6 desputáronse os Campionatos de España Infantil de Verán nas instalacións das piscinas Río Esgueva en Valladolid. O Clube Natación Arzúa estaba representado por Lidia Veiga. A nadadora Arzuana escomezou a competición o Mércores día 3 coa desputa dos 200 m. costas, proba na que se estreou cun mal tempo o que a desprazou á final B, xa pola tarde en dita final Lidia realizou unha gran carreira vatindo o Record Galego Infantil da proba que xa poseía cun tempo de 2:28:94, o que lle supuxo a 8ª posición final. Podes vela proba no vídeo da dereita. Xa o xoves afrontaba os 400 m. estilos, Lidia mellorou a súa mellor marca e acabou na 7ª praza. Na seguinte xornada, a do venres, tocoulle o turno ós 200 m. braza, clasificouse para a final B onde consigueu o 10º posto final cuns tempos moi similares. Xa o sábado, derradeiro día da Competición, Lidia competí na proba de 200 m. Estilos na que partía entre as mellores, pero os nervios provocaron que se tivera que conformar coa 13ª praza cun tempo moi superior á súa marca. Como anécdota, sinalar que o CN Arzúa, a pesar de estar representada só por unha nadadora acadou o posto 32 na clasificación feminina de 224 Clubes participantes. Se queres ver todo sobre a competición, fai clik aquí.
|
|
~ Despois da celebración en Cartaxena dos Campionatos de España Alevíns, dos Xunior en Mallorca e dos recentes Absolutos en Mataró nos que Óscar Pereiro se proclamou Campión de España Absoluto, a vindeira semana, máis concretamente dende o martes 2 ata o sábado 6 nas instalacións do P. Técnico Río Esgueva de Valladolid, se clausura a tempada coa desputa do Campionato de España Infantil. O Clube Natación Arzúa estará representado por Lidia Veiga. A nadadora Arzuana escomezará a competición o Mércores día 3 coa desputa dos 200 m. costas, proba na que, a pesares de ser Campiona e plusmarquista Galega, vai saír co séptimo mellor tempo, a máis de dous segundos dos postos de medalla. Xa o xoves, Lidia afrontará os 400 m. estilos tamén dende a séptima praza, nunha das probas máis esixentes da competición, as medallas son un imposible xa que se atopan a máis de 6 segundos. Na seguinte xornada, a do venres, tocaralle o turno ós 200 m. braza, onde parte co 9º posto. O sábado, derradeiro día da Competición, Lidia competirá na proba de 200 m. Estilos na que parte co 2º mellor tempo, polo que é a proba na que terá algunha opción de medalla. Estas listaxes serven para o reparto das series e das calles polas que van nadar os competidores, polo que as referencias son bastante reais, inda que soe haber sempre variacións, sobre todo tendo en conta que estas Competicións se celebran en piscinas descubertas, un feito ó que non están habituados a gran maioría dos nadadores. Se queres ver todo sobre a competición, fai clik aquí.
|
![]() ~
Dende o pasado venres día 22 ata este domingo, veuse celebrando nas
instalacións das Piscinas do Complexo Deportivo Joan Serra i Puigdesens de Mataró
o Campionato de España Absoluto de Verán. A representación do CN
Arzúa era pequena, pero con opcións xa que estaba formada únicamente
polo nadador de Villadavil Óscar Pereiro.Óscar participou o venres na súa proba favorita, os 50 m. costas, na que partía co segundo mellor tempo gracias ó record galego batido fai uns días nos Campionatos Galegos en Pontevedra. Nas preliminares da mañá acadou o mellor tempo que refrendaría pola tarde non só subindo ó mái alto do caixón e procalmándose Campión de España Absoluto, senon que tamén bateu o record da Competición cun tempo de 25:79. O deportista Arzuán fixo así boa a súa decisión de marcharse a estudar unha carreira á Universidade de Bridgeport en Estados Unidos, onde pode, de paso, dar un salto de calidade na súa preparación deportiva. Xa o sábado, tocaban os 100 m. costas nos que partía co sexto mellor tempo, pero un inoportuno problema co bañador á hora da saída pola mañá lle fixo perder unhas décimas que o apartaron da Final A, polo que pola tarde xa na final B, tentou volver a batilo tempo do día anterior nos primeiros 50 m. quedándose a pouco máis dunha décima de acadalo. Ó final acabou 19º. Na xornada final do domingo Óscar encarou un estilo pouco coñecido nel xa que nadou os 50 m. Bolboreta, unha proba na que partía co trixésimo posto, mellorado ostensiblemente xa que acadou 17º. Se queres ver todo sobre a competición, fai clik aquí. Onte pola mañá o novo Campión de España, foi recibido por unha representación de nadadores, directivos e afeccionados coa Presidenta do Clube ó fronte, no Aeroporto de Lavacolla, pois se trataba, sen dúbida, dun día para a historia non só do Clube, senón tamén do Deporte Arzuán. Se queres ver algunhas fotos da competición e da recepción no Aeroporto vai á (Sección fotos).
|
|
~ Continuando cos Campionatos de España nas súas diferentes categorías, dende este venres e ata o domingo, celébrase nas Piscinas do Complexo Deportivo Joan Serra i Puigdesens de Mataró o Campionato de España Absoluto de Verán. Os adestramentos para todos os nadadores participantes escomezarán o xoves en horarios de dez a unha e de cinco a oito. Xa a partir do venres a competición será tódolos días dende as 9 e media ata as doce e media polas mañás e de 5 e media a oito e media pola tarde, inda que para os quecementos, as instalacións xa estarán abertas dúas horas antes. En representación do CN Arzúa, competirá o nadador Arzuán afincado en Estados Unidos, Óscar Pereiro - Venres 22, 50 m. Costas onde sae co o 2º mellor tempo. - Sábado 23, 100 m. Costas - Xa o domingo 24, estreo de Óscar en 50 m. Bolboreta
Para velas listaxes provisionais
por proba fai clik
aquí.
Se queres velo vídeo de
presentación do campionato fai clilk na imaxe da dereita. |
|
~ Esta fin de semana celebráronse nas Piscinas de Son Hugo de Palma de Mallorca o XXXIII CTO. ESPAÑA JUNIOR DE VERÁN. En representación do CN Arzúa, participaba José Ramón Rey. En cada proba, había clasificatorias pola mañá das que saían os dez mellores para a final A, na que se xogarían as medallas, e os dez seguintes para a Final B. - O Venres 15, José Ramón, compiteu en 50 m. Braza e despois de quedarse fora da Final A por décimas, gañou a Final B acadando así o cuarto posto, quedándose ás portas das medallas, a pesar de facer mellor tempo que o nadador que acadou a medalla de bronce. (Podes vela proba facendo clik no vídeo da dereira) - O Sábado 16, tocoulle a quenda á proba de 100 m. Braza, igual que o día anterior, clasificouse para a final B rematando 6º da súa idade na xeral. - Xa na xornada final do domingo 17, compiteu en 50 m. Libre e 200 m. Braza non conseguindo clasificarse para as finales, rematando de 25 e 11, da súa idade, respectivamente. |
![]() ~ Continuando cos Campionatos de España nas súas diferentes categorías, dende este venres e ata o domingo, celébrase nas Piscinas de Son Hugo de Palma de Mallorca o XXXIII CTO. ESPAÑA JUNIOR DE VERANO En representación do CN Arzúa, competirá José Ramón Rey - Venres 15, 50 m. Braza - Sábado 16, 100 m. Braza - E o domingo 17, 50 m. Libre e 200 m. Braza ~ Colgadas fotos dos Campionatos Galegos Xunior e Absolutos celebrados en Pontevedra, do Trofeo Pedro Escudero de Ourense e dos Campionatos de España Alevíns en Cartaxena. (Sección fotos).
|
|
~
Unha vez acabados os Campionatos Galegos, empezan os Campionatos
de España cos Alevíns que se desprazaron coa Selección Galega
este mércores ata a localidade Murciana de Cartaxena para
disputalo Campionato de España por Comunidades Autónomas. ~ Este fin de semana tócalle o turno ós Xuniors en Mallorca, e ahí estará o nadador Arzuán José Ramón Rey.
~
Noutra orde de cousas, unha pequena representación do CN Arzúa,
participou no XL Trofeo Pedro Escudero en Ourense.
|
![]()
~
Unha vez acabados os Campionatos Galegos, empezan os Campionatos
de España que este ano farán ir os nadadores Arzuáns ata cidades
coma Mataró, Palma de Mallorca, Cartaxena ou Valladolid. ~ Tamén hai que mencionar que unha representación Arzuana se desprazará este fin de semana ata Ourense para participar na XL edición do Trofeo Pedro Escudero. |
![]()
~
Dende o venres dia 1 e ata onte día 3 veuse celebrando na
piscina olímpica Rías do Sur de Pontevedra, o Campionato Galego
nas categorías Junior e Absoluto. ~ Falando dos Alevíns, sinalar que Gaspar Andrade, David Pampín e Brais Senín saen este mércores día 6 ás 11 da noite dende Santiago cara Cartaxena (Murcia) para participar, do venres 8 ao domingo 10, no Campionato de España Categoría Alevín coa Selección Galega, na que terán entre os adestradores a Logi.. |
|
~ Seguindo coa disputa dos Campionatos Galegos de Verán de Natación nas súas diferentes categorías, e despois de Alevíns, Benxamíns e Infantiles, dende hoxe venres e ata o domingo acabarán ditos torneos coa quenda dós Xuniors e Absolutos que se desprazarán ata a piscina olímpica Rías do Sur de Pontevedra. O equipo xunior de Arzúa estará formado por José Ramón Rey e Antía Villar, mentres que no campionato absoluto, no que lembremos entran tódalas idades, estará o absoluto Óscar Pereiro, os xa citados Xuniors e as Infantiles Alicia Senín e Lidia Veiga que teñen mínimas absolutas a pesar de faltarlles ainda tres anos para selo. Para votar unha man nos relevos tamén estarán a infantil Antía Senín e os alevíns Brais Senín, Gaspar Andrade e David Pampín. Podes consultalo transcurso da competición na súa "web".
|
![]()
~
Seguindo coa disputa dos Campionatos Galegos de Verán de
Natación nas súas diferentes categorías, e despois de Alevíns e
Benxamíns, esta fin de semana pasada tocoulle a quenda ós
Infantís que se desprazaron ata a piscina Rosario Dueñas de
Ourense.
~
Este fin de semana tócalle ós Xuniors e Absolutos na Piscina
Rías do Sur de Pontevedra, alí estarán Óscar Pereiro, José
Ramón Rey, Brais Senín, Gaspar Andrade, Antía Villar, Antía
Senín, Alicia Senín e Lidia Veiga. |
|
~
Seguindo coa disputa dos Campionatos Galegos de Verán de
Natación nas súas diferentes categorías, e despois do bo sabor
de boca que nos deixaron os Alevíns, esta fin de semana pasada
tocoulle a quenda ós Benxamíns que se desprazaron ata a piscina
de Riazor en Coruña, para participar na “Final A” da Copa Galega
Benxamín.
~
Este fin de semana tócalle ós Infantiles na Piscina Rosario
Dueñas de Ourense, alí estarán Raquel Rey, Antía Senín,
Alicia Senín e Lidia Veiga. ~ Xa o fin de semana próximo, será o turno dos maiores, os Xuniors e os Absolutos que se desprazarán ata Pontevedra.
|
![]()
~
Como xa informáramos fai uns días, nestas datas estanse a
celebrar os Campionatos Galegos de Verán de Natación nas súas
diferentes categorías.
~
Este fin de semana tócalle ós Benxamíns en Riazor, alí estarán
Alba Senín, Iris sanmiguel, Antía Pardo, Lorena Pereiro e
Thalía Baleato en feminino e Daniel Cendal, Raúl Segade,
Iago Codesido, Diego Conde e Xoel Amboage en masculino.
|
|
~ Este sábado e domingo tócalle o turno ós Alevíns que se irán ata Ferrol, onde, na piscina Javier Gómez Noya, disputarán os Campionatos Galegos Alevíns de Verán. Alí estarán unha nena, Uxía Orois e seis nenos: David Pampín, Manuel Segade, Gaspar Andrade, Alfonso Andrade, Brais Senín e Román Orois. Se queres saber a que probas van cada un, só tes que consultala convocatoria na sección "convocatorias". O vindeiro fin de semana será o turno dos Benxamíns en Riazor e o posterior os Infantiles en Ourense. |
|
~ Chega o final da tempada de Natación, i eso é sinónimo de Trofeos e Campionatos Galegos, o pasado domingo foi a quenda dos Máster en Ponteareas. Os “maiores” voltaron para Arzúa con cinco bronces (Marisa Gil, Cristina Balado, Fernando Colmenares e José Luis Castro por partida doble), dúa pratas (Cristina Balado e María Teresa Mato) e dous ouros ( José Manuel Alamancos e María Teresa Mato). Podes consultalos resultados na sección "resultados". |
|
~ Este sábado tivo lugar na piscina do Fluvial de Lugo o XXI Trofeo Cidade de Lugo para Benxamíns, Alevíns e Infantís. A descalificación no relevo final, privou ó CN Arzúa de acadalo terceiro posto final, pero eso non pode empañar un campionato que trouxo para Arzúa, ademáis de algunha boa marca, varias medallas entre as que están os bronces de David Pampín e Gaspar Andrade, as pratas de Iris Sanmiguel e Diego Conde os dous ouros de Lidia Veiga e os dous ouros de Raúl Segade. O venres, unha vez recibidos os resultados oficiais, lles poñeremos nomes e apelidos. Lembrar que conformaban a expedición Elena Peteiro, Antía Senín, Uxía Orois, Raquel Rey, Alba Senín, Alicia Senín, Lidia Veiga, Iris Sanmiguel, Antía Pardo e Lorena Pereiro. A representación masculina correrá a cargo de: Daniel Cendal, David Pampín, Raúl Rodríguez, Raúl Segade, Gaspar Andrade, Alfonso Andrade, Brais Senín, Diego Conde e Xoel Amboage. Podes ver algunhas fotos na sección "fotos" Podes consultalos resultados na sección "resultados". |
|
~ Esta fin de semana, o CN Arzúa desprazá á piscina do Fluvial de Lugo ós Benxamíns, Alevíns e Infantís para participar na XXI edición do Trofeo Cidade de Lugo. Conforman a expedición dez nenas: Elena Peteiro, Antía Senín, Uxía Orois, Raquel Rey, Alba Senín, Alicia Senín, Lidia Veiga, Iris Sanmiguel, Antía Pardo e Lorena Pereiro. A representación masculina correrá a cargo de: Daniel Cendal, David Pampín, Raúl Rodríguez, Raúl Segade, Gaspar Andrade, Alfonso Andrade, Brais Senín, Diego Conde e Xoel Amboage. Consulta máis datos na sección "convocatorias". |
|
~ Este fin de semana tivo lugar XIX edición do Trofeo Internacional Cidade de Narón nas instalacións da piscina da Gándara da citada Vila Ferrolá. Ahí se deron cita dezaseis equipos de Galicia, resto de España e Portugal. En representación do Club Natación Arzúa desprazáronse cinco nadadoras e seis nadadores que acadaron cinco medallas de ouro e dúas de bronce repartidas do seguinte xeito: Antía Villar – 10ª en 200 Libres e 12ª en 50 Libres. Gaspar Andrade – 16º en 200 Libres e 6º en 100 Costas. David Pampín – 19º en 200 Libres. Alfonso Andrade – 22º en 200 Libres. Brais Senín – 8º en 100 Bolboreta . Antía Senín – 7ª en 100 Costas e 7ª en 100 Braza. Raquel Rey – 13ª en 100 Costas e 15ª en 200 Estilos. Alicia Senín – Medalla de Bronce en 100 Bolboreta e 4ª en 200 Estilos a décimas do bronce. José Ramón Rey – Medalla de Ouro en 50 Braza e Medalla de Bronce en 50 Libres. Óscar Pereiro – Medalla de Ouro en 50 Costas e Medalla de Ouro en 50 Libre . Lidia Veiga – Medalla de Ouro en 100 Costas e Medalla de Ouro en 200 Estilos, ademáis, Lidia tamén se levou o premio á Mellor marca Feminina da Competición. O CN Arzúa acabou oitavo na clasificación xeral. En Relevos acabaron as nenas 12ª e os nenos non participaron porque, a maioría, se desparzaron a unha toma de tempos en Santiago, donde Brais Senín acadou a mínima para os campionatos de España en 200 Bolboreta, onde estará acompañado por David Pampín que xa tiña dúas mínimas acadadas antes. Podes ver algunhas fotos na sección "fotos" Para velos resultados podes consultalos na sección
Resultados, ou para máis información pódes consultar na páxina web da competición
aquí.
|
|
~ Este fin de semana tivo lugar o Trofeo Internacional Deputación de Pontevedra nas instalacións da piscina olímpica de Rías do Sur de Pontevedra. En representación do Club Natación Arzúa desprazáronse dúas nadadoras e dous nadadores. Alicia Senín participou en 100 bolboreta e non logrou clasificarse para a final, pero tendo en conta que se trata dun Trofeo Absoluto Internacional no que só entran os vinte mellores tempos, non está nada mal. Lidia Veiga loitou en 200m. estilos e, a pesar de ser unha das nadadoras máis xoves, acadou unha meritoria medalla de plata. José Ramón Rey tamén disputou a final de 100 m. braza loitou por subir ó podium ata perto do final, pero tivo que conformarse coa quinta praza. Por último Óscar Pereiro que voltaba á competición española, colgouse a medalla de prata en 100 m. costas nunha fermosísima loita co seu compañeiro do Centro Rufino. Podes consultalos resultados eiquí. |
![]() ~ Non puido ser, o CN Arzúa loitou ata o final pero quedouse a pouco máis de 30 puntos de mantela súa praza na 2ª División da Copa Galega. As numerosas baixas e a ampla representación do equipo de Redondela fixeron inútiles os esforzos dos nadadores arzuáns que terán que tentar o vindeiro ano voltar á Segunda Categoría. Consulta os resultados eiquí. Tamén podedes ver algunha foto na sección correspondente. |
|
~ Colgados os resultados da 4ª Xornada da Liga Infantil celebrada o día 16 de Abril en Santiago |
|
~ Este fin de semana, celébrase unha nova edición do Trofeo de Avilés de Natación e, coma en anos anteriores, ata a localidade asturiana desprázase unha representación do Clube Natación Arzúa, para seguir tódolos pormenores desta competición podes consultala páxina web do C.N. Avilés aquí |
|
~ Colgados os resultados da 4ª Xornada da Liga Benxamin celebrada o día 2 en Carballo ~ Colgados os resultados da 6ª Xornada da Liga Alevín celebrada o día 9 en Santiago ~ Colgados os resultados da 4ª Xornada da Liga Máster celebrada o día 10 en Lugo.
|
|
~ Este fin de semana veu marcada pola participación de José Ramón Rey no XII CTO. ESPAÑA "OPEN" ABSOLUTO DE PRIMAVERA en Piscina de 50, celebrados na piscina M86 de Madrid. Dada a categoría dos nadadores alí participantes tales como campións do Mundo (Mireia Belmonte) ou Records mundiais (Rafa Muñoz), estar ahí xa é todo un logro, máis aínda se temos en conta que José Ramón aínda está en idade xuvenil. José Ramón participou na proba de 100m. braza e acabou no posto 29 cun tempo de |
|
~ Este domingo celebrouse na piscina de Rías do Sur de Pontevedra, o Trofeo Promesas do Lérez, catalogado como unha especie de Campionatos Galegos Benxamíns extraoficiais. O Clube Natación Arzúa concurría cunha expedición de 13 nadadores, despois das importantísimas baixas de última hora de Raúl Segade e Román Orois, este último por unha lesión que o terá apartado das pisicinas unha boa tempada. Xa falando de resultados na competición diremos que, por orde de competición: - Brais Senín acadou a 1ª plaza en 100m. bolboreta. - Daniel Cendal 4º en 50m. costas. - Iris Sanmiguel 2ª en 50 costas (1º da súa idade) - Lorena Pereiro 11 en 50m. costas (6ª da súa idade). - Gaspar Andrade 4º en 100m. costas. - Xoel Amboage 5º en 50m. braza. - Antía Pardo 9ª en 50m. braza. - David Pampín 1º en 100m. braza, destacar que na serie preliminar acadou un tempo de 1:22:72 mínima para participar nos Campionatos de España. - Alfonso Andrade 4º en 100m. braza, (2º da súa idade). - Uxía Orois 5ª en 100m braza (1ª da súa idade) - Diego Conde 5º en 50m. libre (3º da súa idade) - Alba Senín 11ª en 50m. libre (8ª da súa idade). - Manuel Segade 10º en 200m. libre (7º da súa idade). Xa en relevos, a pesar das importantísimas baixas sinaladas, acabouse nun máis que meritorio 2º posto que valeu, xunto co resto de resultados para acabala competición en 6º posto por equipos moi perto do 4º e do 5º. Para ver os resultados podes consultalos na sección Resultados, ou para máis información pódes consultar na páxina web da competición aquí. |
![]() ~ De boa, se pode calificala participación da nadadora Lidia Veiga nos XXXI Campionatos de España Infantil de Inverno celebrados esta fin de semana na piscina Can Llong de Sabadell. Lidia,repetiu, e incluso mellorou as marcas coas que se procalmou tricampiona Galega fai quince días en Ponteareas, e neste torneo servíronlle para colarse entre as dez mellores nadadoras de España na súa categoría nas probas de 200m. Braza, 200 m Estilos e 200m. Costas nas que acadou dous séptimos e un noveno posto. Así mesmo, participou en 100m Costas, proba na que partía de 22 e, despois de gañar a súa serie, avanzou ata a decimosexta praza, gracias a mellorar a súa mellor marca en máis dun segundo. Como anécdota, sinalar que coa sóa participación de Lidia, o Club Natación Arzúa acabou os campionatos de España no posto 39 de 109 participantes. Podes ver algunha foto da competición na sección fotos. Para ver tódolos pormenores desta competición podes visitala páxina oficial da mesma aquí. |
|
~ Dende este xoves e ata o domingo, celebrase o XXXI Campionato de España Infantil de Inverno na piscina Can Llong de Sabadell. En representación do Club Natación Arzúa desprazarase ata alí Lidia Veiga. Lidia participa nas probas de 200 m. Costas o Venres á tarde, 200 m. Braza na xornada de mañán do Sábado, 200 m. Estilos pola tarde e 100 m. Costas o domingo pola mañá. A pesares de que Lidia estará nas mellores series das tres primeiras probas, os pódiums están moi compricados. Para ver tódolos pormenores desta competición podes visitala páxina oficial da mesma aquí . Sorte, Lidia! |
|
~ Este sábado celebraranse na piscina municipal de Arzúa as 5ª xornadas das Ligas Benxamín e Alevín. Xa están colgadas a convocatorias para ditas competicións. ~ Colgadas novas fotos, visita a sección fotos ou fai clik aquí. |
|
~ Esta fin de semana celebráronse os Campionatos Galegos Infantiles de Inverno de Natación na piscina municipal de Ponteareas, ata alí desprazouse unha pequena representación do Clube Natación Arzúa formada por catro nadadoras que competiron e acadaron mellorar as súas mellores marcas. Xa falando de resultados na competición diremos que: - Raquel Rey acadou unha 9ª plaza en 800 libres (11:04:54) e unha 10ª en 400 libres (5:31:90). - Antía Senín dous 7º postos en 400 libres (5:04:26) e 200 costas (2:45:39) e un 9º en 200 braza (3:07:19). - Alicia Senín 8ª en 400 estilos (5:46:01), 5ª en 100 estilos (1:18:33) e 4ª en 200 bolboreta (2:44:70) quedándose a só 6 décimas do bronce. Destas marcas dúas foron mínimas para participar nos Campionatos Galegos "Absolutos" que se celebrarán este verán en Pontevedra. - Lidia Veiga que participaba en 200 estilos (2:27:35) , 200 costas (2:24:15) e 200 braza (2:46:81) acadou as tres medallas de ouro, así como varias mínimas para os Campionatos de España. Xa en relevos foron dúas veces séptimas e unha vez oitabas. Na clasificación por equipos femininos remataron oitavas nunha xeral de 21 equipos. Noraboa todas. Para máis información pódes consultar na páxina web da competición aquí. |
![]() ~ Esta fin de semana, celébranse na piscina Municipal de Ponteareas os Campionatos Galegos Infantís de Inverno. En dita competición teremos representación Arzuana, xa que alí estarán Raquel Rey, Alicia Senin, Antía Senín e Lidia Veiga. Raquel Rey estará en 400 e 800 libres. Alicia Senin en 100 e 400 estilos e 200 bolboreta. Antía Senín en 400 libres, 200 costas e 200 braza E Lidia Veiga en 200 estilos, 200 costas e 200 braza. Tamén participará o Clube Natación Arzúa nos relevos 4x100 e 4x200 libres e 4x100 estilos. Podes consultala convocatoria na sección "convocatorias" Se queres seguir todo sobre a competición, incluso velo en directo, fai clik aquí. |
|
~ De boa se pode catalogala participación de José Ramón Rey nos segundos Campionatos de España para Xoves que se celebraron esta fin de semana na piscina Son Hugo de Palma de Mallorca. En dita competición Xosé Ramón proclamouse subcampeón de España en 100 braza 17 anos cun tempo de 1:07:75. |
|
~ Esta fin de semana, celébranse na piscina Son Hugo de Palma de Mallorca os segundos Campionatos de España para Xoves. En dita competición teremos representación Arzuana, xa que alí estará José Ramón Rey que participará en 50 libres, 50 braza, 100 braza e 200 braza. Se queres seguir todo sobre a competición, incluso velo en directo, fai clik aquí. |
|
~ Colgadas a convocatorias para as cuartas xornadas Alevíns e Benxamíns que se disputarán este sábado día 19 en Santiago e da terceira xornada Máster que se celebrará o domingo 20 en Ponteareas. |
|
~ Colgados os resultados da 3ª Xornada da Liga Infantil e da 3ª Xornada Alevín celebrados na piscina de Sta. Isabel en Santiago os pasados 29 de Xaneiro e 5 de Febreiro.
|
|
~ Colgados os resultados da 2ª Xornada da Copa Galega que tivo lugar na piscina de Redondela o pasado 15 de xaneiro. |
|
~ Colgada a convocatoria para segunda xornada da Copa Galega de Clubes (2ª División Preliminar) que se disputará este sábado día 15 en Redondela |
|
~ Colgados os resultados da 2ª Xornada da Liga Máster que tivo lugar na piscina de Campolongo o pasado 19 de decembro. |
|
Consulta as novas do pasado ano 2010 facendo clik aquí |